
Arriola: Obra musical
Arriola, Pepito (José Rodríguez Carballeira)
Consello da Cultura Galega. 2010Instrumento:
Ficha técnica
- EAN: 9788492923021
- ISBN: 978-84-92923-02-1
- Editorial: Consello da Cultura Galega
- Fecha de edición: 2010
- Encuadernación: Rústica con solapas
- Dimensiones: 21,5x31
- Idioma: Gallego / Inglés
- Nº páginas: 588
Agotado
Agotado en la editorialPVP. 75,00€
Añadir a la Lista de deseos
Pepito Arriola (José Rodríguez Carballeira) (1895-1954): Obra musical.
Caja con los 10 volúmenes.
Coa edición deste libro o Consello da Cultura Galega contribúe a rescatar do esquecemento e dar a coñecer a figura de José Rodríguez Carballeira, coñecido como Pepito Arriola (Betanzos, 1895-Barcelona, 1954). El foi un precoz e extraordinario pianista e un dos mellores compositores galegos da primeira metade do século XX, alén de pertencer a unha familia senlleira da Galicia contemporánea, na que tamén sobranceou a súa curmá Hildegart Rodríguez Carballeira.
A recuperación histórica e biográfica da obra de Arriola pode reputarse aínda máis importante se temos en conta a lamentable circunstancia da desaparición da maior parte da obra e da memoria musical de Arriola ?a discografía, a biblioteca e toda música escrita-, vítima dos bombardeos aliados da cidade de Berlín, onde residía á altura de 1945, nos momentos finais da Segunda Guerra Mundial.
Cumpre así o Consello da Cultura Galega un dos seus mandatos fundacionais, consistente na defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego e faino apoiado no traballo da Sección de Música e Artes Escénicas, coordinada durante moitos anos polo tamén notable pianista Ramón Castromil Ventureira. Baixo o seu impulso foi tomando corpo a recuperación desta figura sobranceira da música galega, neno prodixio e talento mundialmente recoñecido, de éxito incuestionable pero escurecido e esquecido ao final dos seus días en Barcelona cando contaba 59 anos.
CONTENIDO:
Vol. 1. Sobre Arriola
-Presentación
-Nota editorial
-Sonoros acordes (Rafael Úbeda)
-José Arriola, un compositor de Galicia. Flamante revelación (Luis Mera)
-Notas sobre a edición das obras de José Arriola (Joám Trillo)
Vol. 2. Concertino para piano e orquestra
Vol. 3. Divertimento concertante
Vol. 4. Concerto para corno e orquestra
Vol. 5. Tres textos cervantinos
Vol. 6. Seis poesías de Antonio Machado
Vol.. 7. Quarteto de cordas
Vol. 8. Obras para piano
-Aurora
-Impresiones Argentinas
-Hommage a Manuel de Falla
Vol. 9. Tres textos cervantinos (versión para dous pianos)
Vol. 10. Pezas curtas
-Die tote Stadt
-Song
-Schlichte Weise
-Pequena serenata
-Lamento