> Libros > Música, literatura y arte > Ficción > Poesía de tema musical
"En cadea sen prijon" Cancioneiro de Afonso Paez. Poesía galega postrobadoresca (1380-1430ca.). 9788445350720

"En cadea sen prijon" Cancioneiro de Afonso Paez. Poesía galega postrobadoresca (1380-1430ca.)

Xunta de Galicia. 2013

Ficha técnica

  • EAN: 9788445350720
  • ISBN: 978-84-453-5072-0
  • Editorial: Xunta de Galicia
  • Fecha de edición: 2013
  • Encuadernación: Rústica
  • Dimensiones: 15x21
  • Idioma: Gallego
  • Nº páginas: 208

Agotado

Agotado en la editorial

PVP. 15,00€

Avisar si vuelve a estar disponible.

Añadir a la Lista de deseos

Edición y estudio de Henrique Monteagudo

Un pequeno conxunto de documentos conservados durante máis de cinco séculos por unha familia como fundamento dos seus dereitos adquire agora carácter de monumento, de memoria, non só da familia que os xerou e acumulou, senón da sociedade enteira.

No medio dese humilde mazo de papeis históricos, entre instrumentos notariais, abrollan vinte e dous poemas que naceron para seren ditos no outono da Idade Media e que obrigan a revisar as adxectivacións aplicadas polos estudosos a unha época menos erma do que ata agora supuñan. A calidade da lingua destas composicións fronte a doutras que se conservan, o lugar onde probablemente se produciron, o carácter e a temática dos poemas, a súa variedade, convídannos a formular novos cuestionamentos sobre a producción creativa en galego na Baixa Idade Media.

Esta raiola literaria xorde entre os papeis vellos gardados. É lume novo para a historia da lingua e da literatura de noso. Co achado emerxe tamén en nós un vínculo de emoción cos folios que gardaron estes versos, con quen os trazou e con quen lles deu acubillo durante centos de anos, que nos empurran a mantener a ansia de os preservar a mantener acesa a conciencia da protección dun patrimonio cultural que nos lembra o que somos e de onde vimos.

CONTENIDO:

Limiar
- O contexto arquivístico

Estudo introdutorio

1. Cultivo poético do galego no período postrobadoresco (1350-1430CA.). O testemuño do cancionero de Baena e a Escola "Galego-Castelá"
- O Cancionero de Baena a escola galego-castelá
- Xéneros formais e xéneros temáticos no CB: cantigas e dezires; amor; loor e burlas
- A perspectiva temática: o asunto amoroso no CB. Composicións piadosas e satíticas
- A lingua, os autores, os tetos: o uso do galego en cantigas, dezires e Xoutros xéneros
- Conclusións: xéneros, linguas e formas

2. Descrición do manuscrito. Autoría dos textos
- O testemuño do manuscrito. Descrición
- Secuencia de folios e de composicións. Delimitación do poemas
- O traslado e mis en page dos textos
- Autoría dos poemas e título da presente obra

3. Aspectos literarios. Formas e temas
- Anotacións paratextuais: dizer, pregunta / reposta. A finda
- Fixación do corpus
- Extensión e estrutura das composicións
- A estrofa: combinacións rimáticas
-- Encabezamento con tetrástico: combinacións abba e abab
-- Encabezamento cos combinacións insólitas abbaaa e aabba
- Nas marxes do Cancionero de Baena. Da cantiga ao dizer: desfecha, estribote, dizer con tema
- Pregunta e resposta (nº XXI e XXII)
- Poesía piadosa: a composición nº IV
- Discor e desfeita
- O amor cortés: a señor, o servir e o galardon. Desejo, coyta e morte
- Motivos e poemas máis novidosos

4. Aspectos scriptolingüisticos
- Particularidades paleográficas e grafémicas
- Observacións scriptolingüísticas. Grafías e pronuncias
- Aspectos morfosintáticos
- Uso do artigo determinado cos adxectivos posesivos
- Posición dos clíticos
- Os castelanismos
- Nota (crono) xeolingüística: bon, dou; caer, esto; crus
- A xeito de conclusión

Elenco métrico, rimático e estrófico

Edición dos textos
- Criterios de edición
- Edición semidiplomática / Edición crítica

Glosario
Apéndices
Bibliografía
Reproducción fotográfica

Índice de táboas e mapa
- Táboa 1: Cantigas no Cancionero de Baena: autores da escola galego-castelá e alleos a ela
- Táboa 2: Cancionero de Baena. Textos en galego da escola galego-castelá
- Táboa 3: Numeración e contenido dos folios do manuscrito
- Táboa 4: Medidas de bifolios e folios soltos
- Táboa 5: Medidas dos folios e contido de cada un
- Táboa 6: Identificación e localización das composicións poéticas, coas indicacións otro / outro do ms
- Táboa 7: Identificación e estrutura dos poemas. Número de versos, tema / finda e número de estrofas
- Táboa 8: Número e estrutura dos poemas. Estrofas e esquemas de rima
- Táboa 9: Cancionero de Baena: desfechas, estribotes, dezires con tema

Mapa: Área de coincidencia das variantes "dou" e "bon", segundo o ALGA



Otros productos recomendados