> Partituras y ediciones críticas > Música tradicional > España > Folclore español
Froles d'ouro. 34 pezas galegas para guitarra. 9790801231925

Froles d'ouro. 34 pezas galegas para guitarra

Dos Acordes S.L.. 2012
Instrumento:

Ficha técnica

  • EAN: 9790801231925
  • ISBN: 979-0-801231-92-5
  • Editorial: Dos Acordes S.L.
  • Fecha de edición: 2012
  • Encuadernación: Rústica
  • Dimensiones: 21,5x30
  • Idioma: Gallego
  • Nº páginas: 76

Disponible en breve

Sin stock. Si se pide hoy, se estima recibir en la librería el 22/04/24

PVP. 24,00€


Añadir a la Lista de deseos

Manuel Herminio Iglesias: Flores de oro. 34 piezas gallegas para guitarra.


"Froles d'ouro" é o nome dunha fermosa canción que contén este álbum de trinta e catro cantigas galegas arranxadas por Manuel Herminio Iglesias. Trátase de obras maioritariamente tradicionais, máis algunhas de autor, adaptadas a un nivel moi inicial de guitarra clásica (aproximadamente, dende os seus inicios ata o principio do grao profesional). As súas característcias fano un texto idóneo para o traballo interpretativo dos e das estudantes que se inician no instrumento na nosa terra.

O autor pretende aportar un material para que tanto nas Escolas de Música como nos Conservatorios o alumnado teña a posibilidade de interpretar pezas galegas e, ao igual que noutros lugares do mundo, escoite e execute sen complexos o seu patrimonio musical. Tamén vai dirixido a aqueles guitarristas que, carecendo de material baseado no acervo cultural galego, manteñan a inquietude de acceder a el para coñecelo, ensinalo e interpretalo.

Con esta publicación, Dos Acordes segue apostando pola música popular galega, mesmo en instrumentos nos que non ten apenas tradición interpretativa. Esperamos que o noso compromiso sexa correspondido polo profesorado das nosas escolas e conservatorios, feito que nos permitará seguir publicando obras para guitarra.

CONTENIDO:

- Notas do autor
- Prologo, por Isabel Rei Sanmartin

Alborada
Froles d'ouro
Valse
Ábreme a porta Rosiña
Lela, lela
Grandes novas, galeguiños
San Benitiño
Veno da Virxe da Barca
Teño un amor en Rianxo
Chégate a ela
O tren
No pendello
Se chove deixa chovere
Himno galego
Mariñeiro
A cinta de namorare
Fantasía
Non te namores, menina
Sei cantare e sei bailare
Non te cases
Meu amor é mariñeiro
Valse galego
Barqueiros de Ribadavia
Fantasía sobre o alalá da Marinas
Eu de Marín ausenteime
Compañeira
Procesional
Andante, solemne, valse e muiñeira
Nosa señora da Guía
Ruada de Chamosa
A roda da Molandeira
O pandeiro cando toca
Vinde ver ó neno
Pequeña Fantasía



Otros productos recomendados